Historia do mundo contemporáneo 1º Bach. (Libro de texto) - 9788499950365 por Ana Romero Masiá

Historia do mundo contemporáneo 1º Bach. (Libro de texto) - 9788499950365 por Ana Romero Masiá

January 22, 2020

Titulo del libro : Historia do mundo contemporáneo 1º Bach. (Libro de texto) - 9788499950365
Fecha de lanzamiento : February 10, 2012
Autor : Ana Romero Masiá
Número de páginas : 452
ISBN : 8499950361
Editor : Baía Edicións A Coruña. S.L.

Obtenga el libro de Historia do mundo contemporáneo 1º Bach. (Libro de texto) - 9788499950365 de Ana Romero Masiá en formato PDF o EPUB. Puedes leer cualquier libro en línea o guardarlo en tus dispositivos. Cualquier libro está disponible para descargar sin necesidad de gastar dinero.

Ana Romero Masiá con Historia do mundo contemporáneo 1º Bach. (Libro de texto) - 9788499950365

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático.

Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal.

Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e t